Escuchar
domingo, 5 Abril, 2020

Efectivos de Protección Civil da localidade en colaboración co persoal sanitario evacuaron esta mañá a unha muller que resultou ferida tras envorcar co seu vehículo despois de saírse da vía.

O accidente ocorreu, sobre as 10:00 horas, na localidade de Pobra de Trives (Ourense), cando a condutora circulaba pola estrada que vai de Trives ata Petín, concretamente, na saída de Trives. Así o relataba o alertante, que se identificou como o esposo da condutora, ao 112 Galicia cando chamou para pedir axuda. Indicaba  que a súa muller envorcara co coche ao saírse da vía e non podía saír do interior do seu interior.

Así, con estes datos, os xestores de emerxencias pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron unha ambulancia ao punto. Así mesmo, informaron da situación aos membros do GES de Castro Caldelas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e aos efectivos de protección Civil da localidade.

Finalmente, os efectivos de Protección Civil comunicaron ao 112, que non foi preciso o uso do material de excarceración para evacuar á muller, que foi trasladada polo persoal sanitario ata o centro hospitalario de referencia.