Alertas activas:

Escoitar
sábado, 9 Decembro, 2023

Unha muller resultou ferida esta tarde en Boiro ao saírse da vía o coche no que viaxaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro ao quedar atrapada no interior do turismo, para ser atendida posteriormente polos servizos sanitarios.

O accidente ocorreu na parroquia de Cures, no concello de Boiro (A Coruña). Foi a propia implicada no sinistro a que contactou co 112 Galicia ás 15:30 horas da tarde. No seu relato, indicaba que precisaba asistencia sanitaria e que tiña dificultades para abandonar o vehículo.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Boiro.

Rematadas as labores de excarceración por parte dos servizos de emerxencia, a ferida foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Colisión múltiple en Cee
Un accidente múltiple con seis turismos implicados no concello coruñés de Cee, saldouse esta tarde con unha persoa ferida.

O accidente ocorreu minutos antes das 14:30 horas, na DP-2303, no quilómetro aproximado 11, ao seu paso pola parroquia de A Pereiriña.

Foi un particular quen, a esa hora, chamou ao 112 Galicia informando do accidente. Decontado, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Cee.

Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ata o punto, informan ao 112 Galicia que no accidente houbo seis vehículos implicados, tres deles ían circulando e os outros tres estaban estacionados. A maiores, unha persoa resultou ferida.

facebook twitter instagram