Escuchar
venres, 8 Novembro, 2019

Unha saída de vía dun turismo saldouse esta tarde cunha persoa ferida na AC-231, no termo municipal coruñés de Aranga. Segundo os datos facilitados o 112 Galicia, a persoa tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, ao quedar atrapada no interior do vehículo accidentado.

O suceso tivo lugar ás 15:30 horas no quilómetro 3 da estrada que una as localidades da Castellana e de Teixeiro. Nese intre, varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia para dar conta do sucedo e solicitar asistencia médica para o único ocupante do vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo no que participaron os efectivos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Betanzos e os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Así mesmo, foi requirida a intervención dos membros do GES de Curtis e do servizo de mantemento da estrada.

Os servizos de emerxencia alí desprazados confirmaron ao 112 Galicia que, finalmente, a persoa ferida foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Accidente na AP-9
Media hora antes, o 112 Galicia rexistrou un accidente na AP-9 no que unha persoa, mobilizaba aos servizos de emerxencia de Culleredo, por mor dun vehículo envorcado cando circulaba polo concello de Culleredo, a altura do Burgo, dirección A Coruña. O dispositivo activouse, pasados un minutos das tres desta tarde, cando recibíase no 112 Galicia a chamada de alerta de varios usuarios da autovía para solicitar asistencia sanitaria para o ocupante do turismo.

Dese xeito, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban do sucedido aos profesionais sanitarios, os Bombeiros de Betanzos e aos axentes de Tráfico. Ademais, solicitaron a colaboración da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Finalizada a intervención, Protección Civil confirmou ao 112 Galicia o traslado polo persoal sanitario ao Hospital Quirónsalud da Coruña.