Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 24 Outubro, 2021

Un incendio declarado a pasada noite nun anexo a unha vivenda situada na rúa do Carballo, en Ourense, deixou unha persoa falecida.

Os feitos sucederon uns minutos despois da medianoite. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do incendio.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Incendio nun piso
Por outra banda, na Coruña, unha muller resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital tras declararse un incendio nun piso dun edificio de seis andares, na rúa Antonio Ríos.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, ardeu un dormitorio da vivenda completamente e o resto do piso quedou totalmente afectado polo fume.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ás oito e media da pasada tarde, a través dunha persoa particular e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e de Protección Civil.

facebook twitter instagram