Escoitar
domingo, 3 Xullo, 2022

Os Bombeiros do Morrazo tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ás vítimas, o condutor falecido, tras quedar atrapadas no interior do vehículo.

Ás 8 e vinte desta mañá, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que informaba dun coche accidentado e caído por un terraplén, na rúa Pello, no Hío, en Cangas. Indicaba que no interior do turismo había dúas persoas que, posiblemente, estaban atrapadas.

Os xestores do 112, nada mais recibir o aviso, puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros do Morrazo. Ademais, informaron aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do acompañante, que foi trasladado polos servizos sanitarios.

Nestes intres, os Bombeiros continúan no lugar para liberar ao condutor, que está falecido.