Escoitar
luns, 1 Outubro, 2018

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas a causa unha colisión na que se viron implicados tres vehículos na N-550, ao paso pola parroquia de Marantes, en Santiago.

A alerta saltou no 112 Galicia pasadas as oito desta mañá, cando varios condutores contactaron co servizo de emerxencias para informar dun accidente cun turismo, unha moto e un camión implicados. Igualmente, apuntaron a posibilidade de que houbese unha persoa atrapada no interior dun turismo. Por iso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos bombeiros da cidade. 

Ademais da persoa que resultou falecida, os profesionais sanitarios atenderon e trasladaron a outras dúas persoas que resultaron feridas de diversa consideración como consecuencia do impacto.

Por último, indicar que os servizos de emerxencias contaron co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

facebook twitter instagram