Imaxe escoitar Escoitar
luns, 4 Novembro, 2019

Unha persoa resultou ferida de consideración esta mañá ao envorcar o coche no que viaxaba na Coruña.

O accidente tivo lugar na AP-9 na saída a Alfonso Molina, ao fío das 12:00 horas.

Foi nese momento cando Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do sinistro ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de  Voluntarios de Protección Civil da Coruña.

facebook twitter instagram