sábado, 3 Xuño, 2023
A persoa afectada foi evacuada ao Punto de Atención Continuada de referencia tras inhalar fume, despois de orixinarse o incendio, que calcinou a campá extractora e afectou ao mobiliario da estancia.
Os feitos sucederon nunha vivenda dun edificio situado na Rúa de Antón Avilés de Taramancos, ás 4:15 horas da pasada noite. Nese momento, varias persoas particulares alertaban ao 112 Galicia do incendio.
Axiña, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.