Escoitar
luns, 18 Outubro, 2021

Unha persoa necesitou ser trasladada nun helicóptero medicalizado, na Cañiza, despois de recibir un golpe dunha vaca.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ocorridos no lugar de Luneda mediante a chamada dos servizos sanitarios, pasadas as once da mañá. Durante a comunicación, o persoal de urxencias médicas informaba de que se ía mobilizar a aeronave medicalizada, con base en Ourense, para dar servizo á persoa afectada.

Unha vez recollidos os datos, os operadores do CIAE-112 Galicia notificáronllos aos axentes da Policía Local, para prestar apoio no punto.