Imaxe escoitar Escoitar
venres, 17 Setembro, 2021

Unha persoa tivo que ser trasladada grave, en Vilagarcía de Arousa, despois de sufrir un atropelo.

Ao fío das once da mañá, o 112 Galicia foi alertado dunha persoa que acababa de ser alcanzada por un vehículo na rotonda do porto, por urxencias médicas.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse á Policía Local e aos Bombeiros e a Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 polos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía, a vítima foi trasladada grave ao Hospital do Salnés.

Saída de vía en Fisterra
Por outra banda, unha persoa resultou ferida ao saírse da vía o vehículo no que circulaba, en Fisterra.

Pasadas as 11:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para notificar o sinistro, acontecido na estrada de Fisterra a Lires, á altura do lugar de Castrexe. A testemuña afirmaba que o turismo caera por un terraplén pero que non había persoas atrapadas no interior do mesmo.

Así, desde o CIAE-112 díxoselle aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, a dotación de Bombeiros indicou que a persoa implicada no accidente foi trasladada.

facebook twitter instagram