domingo, 25 Novembro, 2018
Unha persoa faleceu no porto de Corme, en Ponteceso, ao precipitarse ao mar o coche no que viaxaba.
O 112 Galicia recibiu, ás 10:25 horas, a chamada dun particular na que alertaba do ocorrido.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Ponteceso. Ademais, desde o CIAE-112 se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Arestora, os servizos de emerxencia traballan na zona para recuperar o corpo da persoa falecida.