Escoitar
martes, 22 Xuño, 2021

Unha persoa sufriu feridas de consideración ao rematar fóra da vía o coche co que circulaba na Ponte de Testal, en Noia.

O accidente produciuse no punto quilométrico 4 da AC-549, ao fío das nove da noite.

A esa hora, unha persoa particular deu conta do sinistro ao 112 Galicia e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Noia, á Policía Local e aos Bombeiros de Boiro.