Escuchar
sábado, 30 Maio, 2020

Un choque entre dous turismos deixou unha persoa ferida no concello ourensán de Xunqueira de Ambía.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:15 horas da tarde de hoxe. A esa hora, un particular informaba aos xestores do 112 dunha colisión entre dous coches na OU-0110. No seu relato, indicaba que había unha persoa ferida, liberada e accesible, que necesitaba asistencia médica.

De contado, desde o 112 Galicia, comunicouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, acto seguido, mobilizou ao helicóptero medicalizado con base Ourense. Poucos minutos despois, a aeronave tomou terra no mesmo lugar do accidente.

Tras recibir a petición do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, tamén trasladáronse ata o punto os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Así mesmo, informouse do sucedido, por se fora precisa a súa intervención, aos Bombeiros de Xinzo de Limia.