Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 14 Xullo, 2019

Unha saída de vía deixa un ferido grave en Tomiño.

O accidente ocorreu no lugar de Vilar de Matos, en Forcadela, cando o turismo circulaba pola PO-552, á altura do punto quilométrico 61.

Ás 17:30 horas desta tarde, varios particulares alertaban ao 112 Galicia do suceso. Un deles indicaba que o turismo chocara contra un muro e que o accidente parecía ser grave.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Baixo Miño, ao GES da Guarda e aos axentes da Garda Civil e de Tráfico.  Igualmente, se informou dos feitos aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local. Ademais, debido á gravidade da situación e tras comunicar que a persoa estaba atrapada no interior do vehículo, os sanitarios confirmaron Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a evacuación do ferido.

Os Bombeiros e os membros do GES, unha vez liberada a persoa, comunicaron ao 112 Galicia que ía ser trasladada na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

A intervención do persoal do servizo de mantemento da vía tamén foi requirido polo 112 Galicia.

 

 

facebook twitter instagram