Imaxe escoitar Escoitar
martes, 6 Decembro, 2022

O 112 Galicia rexistrou este accidente uns minutos despois das 11:30 horas desta mañá, a través dunha persoa particular. Segundo indicaba, producírase un atropelo a unha persoa no punto quilométrico 3 da OU-402. Engadía que a vítima estaba accesible.

Con estes datos, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado.

Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada.

Dous ciclistas foron atropelados na Laracha
Por outra banda, á altura do lugar do Toural, na parroquia de Erboedo, dous ciclistas necesitaron asistencia tras ser alcanzados por un coche, ao fío das 11:45 horas.

Foron varias persoas particulares as que alertaron dos feitos, nese momento, ao 112 Galicia.

De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. 

facebook twitter instagram