Escoitar
domingo, 6 Maio, 2018

Un total de catro vehículos víronse implicados nun accidente de tráfico na AP-9, en dirección sur, ao paso polo concello pontevedrés de Moaña. Como consecuencia do impacto, unha persoa necesitou asistencia médica, aínda que, inicialmente, o seu estado non revestía gravidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a colisión produciuse pasada a unha desta tarde no carril lateral da autopista en dirección sur. Tras o choque, unha muller comezou a sentirse mareada e mesmmo necesitou de axuda para poder saír do vehículo.

Así, foi evacuada nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para ser sometida a un recoñecemento médico no complexo hospitalario de referencia. 

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do Morrazo, aínda que non foi necesario empregar o material de excarceración.