Escoitar
xoves, 8 Xuño, 2023

O 112 Galicia recibiu diversas chamadas de particulares contra as 9:30 horas desta mañá para alertar sobre este accidente, que sucedeu no quilómetro 12 e en dirección sur, ao seu paso pola parroquia de Tameiga.

De feito, xa no transcurso das primeiras chamadas, os alertadores indicaron que o vehículo implicado dera varias voltas de campá antes de deterse envorcado sobre o asfalto. Tamén, que o seu ocupante conseguira saír ao exterior polo seu propio pé, tralo que foi atendido polos servizos sanitarios.

Neste operativo participaron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Mos e os servizos de mantemento da autovía.

Corte dun carril da A-55 por camión avariado
Esta vez foi ás 10:45 horas cando o 112 Galicia tivo constancia deste suceso, que ocorreu a moi pouca distancia do anterior: un camión quedara avariado no quilómetro 11 da A-55, ao seu paso por Petelos, e obstaculizaba a circulación.

Desde o 112 informouse aos Bombeiros do Porriño, ao GES, Policía Local e a Protección Civil de Mos, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, os axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril afectado para proceder cos traballos de limpeza da vía, nos que participaron os Bombeiros e o GES, finalizando a súa intervención pasado o mediodía.

Atropelo a unha muller embarazada en Vigo
A implicada tivo que ser atendida polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tras ser alcanzada por un coche na avenida de Alcalde Lavadores.

O 112 Galicia tivo constancia minutos antes das 9:30 horas, cando unha condutora que estaba implicada no accidente chamou para detallar o acontecido: acababa de colidir por detrás con outro vehículo, que á súa vez impactou contra a muller ferida.

Ademais dos servizos sanitarios, tamén se desprazou ao lugar a Policía Local.

facebook twitter instagram