Imaxe escoitar Escoitar
martes, 6 Xuño, 2023

O accidente ocorreu na estrada de Santa Mariña do Monte, dez minutos antes das 21 horas deste luns.

Varios particulares alertaron ao 112 Galicia dunha colisión na OU-101, ao seu paso por Santa Mariña do Monte. De feito, un dos alertadores comunicouse co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias a través do E-Call, sistema de comunicación do vehículo en caso de accidente.

Os xestores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron dúas ambulancias, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Informouse, ademais, aos Bombeiros e Policía Local de Ourense e aos servizos de mantemento da estrada por se fose necesaria a súa intervención.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron que unha das persoas implicadas resultou ferida.

facebook twitter instagram