Escoitar
mércores, 7 Abril, 2021

Un home foi trasladado, onte, a causa de inhalar fume nun incendio que se orixinou na súa casa, no concello da Guarda.

Poucos minutos antes das sete e media da tarde, da pasada xornada, o 112 Galicia recibiu a chamada de varios particulares que indicaban ver saír fume dun edificio na rúa Manuel Álvarez, na localidade pontevedresa da Guarda.

Nese momento, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros de Porriño, ao Ges da Guarda, á Policía Local e aos servizos sanitarios de urxencia.

Pouco despois, e xa desde o lugar dos feitos, a patrulla da Policía Local confirmou a necesidade dunha ambulancia para dunha persoa que tiña inhalado fume provinte do incendio. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 trasladaron ao home ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Finalmente, os membros do Ges da Guarda informaron ao 112 Galicia de que o lume foi orixinado na cociña da vivenda e que, o fume,  afectou tamén ao corredor do edificio.