Escoitar
venres, 1 Xullo, 2022

Unha fuga de gas procedente dunha tubaxe foi a causa pola cal unha persoa precisou ser trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Povisa de Vigo.

Así o indicaron os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao 112 Galicia, que, nada máis ser informados, acudiron ao inmoble situado na Rúa Barcelona da cidade olívica.

Foi un residente da mesma vivenda afectada quen informou ao 112 Galicia, quince minutos antes da unha deste mediodía, dun cheiro a gas dentro da súa casa.

Decontado, os xestores de emerxencias informaron aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Nacional e Local e, tras unha nova chamada do alertante indicando que se sentía indisposto, aos profesionais sanitarios.

Tamén, o persoal da empresa subministradora do gas foi informado do suceso polo 112 Galicia.

facebook twitter