A persoa foi retirada do vehículo e atendida polo persoal sanitario.
Varios particulares que circulaban polo quilómetro 15 da AC-960, en Ledesma, chamaron ao 112 Galicia para comunicar unha saída de vía que ocorreu uns vinte minutos despois do mediodía.
Na súa conversa, indicaban que non conseguían abrir as portas do vehículo.
Ata o punto desprazáronse o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo dunha ambulancia, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Boqueixón. Tamén se informou aos Bombeiros de Santiago e de Ordes. De feito, estes últimos chegaron a saír ante a posibilidade de ter que liberar á persoa implicada, o que finalmente non foi necesario.
Foi o persoal sanitario o que se encargou de retirar á persoa e prestarlle atención médica.
Condutora ferida en Negreira
Varios alertadores, entre eles un axente do distrito forestal da zona, informaron ao 112 Galicia deste sinistro, ocorrido no quilómetro 4 da DP-5602, en Liñaio (Negreira). Nun primeiro momento, apuntaron a que a muller implicada, ferida e única ocupante do vehículo, non podía abandonar o vehículo polos seus propios medios.
Desta forma, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil de Negreira.
Os membros do GES de Brión colaboraron para evacuar á persoa ferida, que a continuación foi atendida polo persoal sanitario.