Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 21 Agosto, 2019

Dúas persoas resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban ao seu paso pola localidade lucense de Rábade.

O accidente ocorreu a noite pasada, ao fío das 21:00 Horas. Foi a esa hora cando un dos ocupantes do turismo chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que se saíra da vía cando circulaba pola N-VI, dirección Coruña, moi preto da localidade de Rábade. El puidera saír do turismo pero a súa compañeira quedara atrapada no seu interior e necesitaban asistencia sanitaria.

A partir de aí, desde o 112 Galicia ademais de poñer en alerta ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informouse aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, tras indicar os axentes que varias sinais da vía resultaron danadas debido ao accidente, os xestores do 112 solicitaron axiña  a intervención do persoal do servizo de mantemento e de limpeza da vía.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración dun dos feridos.  

facebook twitter instagram