Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 17 Agosto, 2019

Un total de once persoas resultaron feridas, tres delas de gravidade, en senllos accidentes rexistrados en Noia, O Pino e Xinzo

O primeiro accidente deixou a seis persoas resultaron feridas, dúas delas de gravidade, tras bater tres turismos que circulaban pola estrada que une Noia e Portondoson, a AC-550, na parroquia de San Pedro.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Boiro nada mais ser alertados polo 112 Galicia, que tiveron que excarcerar a dous dos feridos tras quedar atrapados no interior de dous dos vehículos accidentados. Así mesmo, para colaborar nas tarefas de excarceración, foi necesaria a intervención dos membros do GES de Brión y de efectivos de Protección Civil.

Ao fío das 20:00 horas, varios particulares alertaron ao 112 Galicia do accidente. No seus relatos indicaban que unha persoa atopábase inconsciente e outro dos ocupantes atrapado, a partir de aí, informouse ademais de a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros, aos axentes de Tráfico, Policía Local, ao persoal de GES de Brión e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, debido á gravidade da situación, os sanitarios confirmaron ao 112 Galicia da saída dun helicóptero medicalizado que, finalmente, trasladou a un dos condutores excarcerado. 

A intervención do persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía tamén foi requirida polo 112 Galicia.

Por outra banda, ás 22:30 horas, catro persoas resultaron feridas ao colidir tres turismos no lugar de Santa Irene, concretamente na DP-0605 no punto quilométrico 0,9, no concello do Pino. A esa hora, un particular solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria por mor dun accidente que acababan de sufrir tras bater contra outros dous vehículos.

Alí acudiron, tras ser informados polo 112 Galicia os profesionais sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, foron informados os Bombeiros de Santiago e Arzúa.

Por último, preto das oito desta mañá, un turismo quedou envorcado tras sairse da vía cando circulaba pola N-525, ás portas do municipio lugués de Xinzo. O condutor, que resultou ferido de consideración, permanecía atrapado no interior do vehículo polo que foi necesario a súa excarceración. Polo que, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Xinzo para a súa liberación. Do mesmo xeito, axentes da Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da localidade foron informados.

En canto ao condutor do vehículo, sinalar que foi evacuado polo persoal sanitario ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Saída de vía dun tráiler
Un tráiler perdeu parte  da súa carga a causa dun accidente na A-6, ao paso polo concello lugués de Outeiro de Rei.

Por fortuna, o camioneiro resultou ileso, sen embargo, foron necesario medios para a retirada dos produtos refrixerados que transportaba que se esparexeron por mor do impacto na autovía e na vía férrea próxima.

Unha chamada recibida no 112 Galicia ás 04:45 horas de hoxe permitiu activar un operativo no que participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do servizo de mantemento da autoestrada e do persoal de ADIF, que se centraron na retirada dos produtos que quedaron espallados tras o accidente.

facebook twitter instagram