Escuchar

O uso de máscaras por parte da poboación en xeral pode servir como un medio de control da fonte de infección ao reducir a propagación do coronavirus.

Debemos levar máscara tanto ao aire libre como nos espazos pechados, sempre que se poida concorrer con outras persoas, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade.

Hai unha serie de riscos potenciais de auto-contaminación que fan necesario ter en conta as seguintes accións:

   • Antes de poñer unha máscara, lava ben as mans

   • Cubre a boca e o nariz

   • Mentres a utilices, evita tocala

   • Para retirala, quítaa sen tocar a parte frontal e lava as mans novamente