
- Leva sempre, por precaución, un pequeno extintor no coche
- Se o vehículo comeza a arder, detente de inmediato e apártao da vía e da vexetación
- Para o motor e quita o contacto
- Sae do interior, evacúa aos ocupantes e chama ao 1-1-2
- Se o lume non é moi agresivo e contas cos medios e coñecementos necesarios, podes tratar de apagar o lume
- Se usas un extintor, lembra que as lapas deben sufocarse desde a súa base