Escuchar

A Xunta, a través da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), está a impulsar a capacitación dos membros do GES para o manexo de motos acuáticas de rescate en zonas costeiras de pouco calado, pero con ondas e rompentes. Esta iniciativa desenvolveuse trala recente sinatura do convenio para a cesión de seis motos acuáticas a outros tantos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co fin de incrementar a súa capacidade de resposta ante emerxencias en lugares de costa con esas características.

Máis info aquí.