Escuchar

Galicia mostrou a súa aposta pola cooperación fronteiriza entre entidades de protección civil e rescate nas augas do tramo internacional do río Miño. A través dun simulacro de accidente entre unha aeronave e unha balsa entre Caminha e A Garda, probáronse as melloras nas accións de rescate na que estiveron involucrados o Concello de Caminha, o Exército do Aire, a Garda Civil, os Bombeiros e o Servizo de Gardacostas de Galicia, entre outros.

No simulacro participaron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.

Outro obxectivo deste exercicio, enmarcado no proxecto Ariem+, foi comprobar que todas as cadeas de traballo, humanas e materiais, operasen con total coordinación. O resultado foi positivo por parte de todos os axentes participantes. Este xoves os equipos de mergullo realizaron un adestramento previo que implicou á Policía Marítima, á Armada Española, á Garda Civil e a integrantes de bombeiros de Caminha, O Porriño e A Garda.

Máis info aquí.