1. INFORMACIÓN AO USUARIO
A Axencia Galega de Emerxencias, en diante Responsable e AXEGA, indistintamente, é o Responsable do tratamento dos datos persoais do Usuario e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes ( RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais ( LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento, aplicable aos tratamentos de datos realizados polo Responsable do tratamento referidos no sitio web axega112.gal
A continuación informámoslle sobre a Política de Privacidade da AXEGA:
Responsable do tratamento
Os datos de carácter persoal que se solicitan directamente do interesado, ou a través do seu representante, trátanse de forma confidencial pola AXEGA
Axencia Galega de Emerxencias, NIF: Q-1500324-G
Enderezo: Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE112) 36680 A Estrada (Pontevedra)
DPO (lopd.axega@xunta.gal), Vicesecretario Xeral da Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza)
que é a responsable do tratamento, e quedan incorporados á actividade de tratamento correspondente, segundo se expón no Rexistro de Actividades de Tratamento.
Finalidade
A finalidade dos tratamentos de datos efectuados correspóndense a cada unha das actividades que realiza a AXEGA, con todo de forma xenérica infórmase aos usuarios que a través da web axega112.gal se tratan datos coas seguintes finalidades:
- Atender as solicitudes realizadas polos usuarios a través das ferramentas e sistemas de comunicación proporcionados polo Responsable do Tratamento no directorio e no formulario de contacto ( Enlace )
- Acceso ao 112 para xordos ( Enlace )
- Realizar enquisas de satisfacción “Denos a súa opinión ou comentario”
- Solicitar visitas ao GALI ( Enlace )
- Realizar estudos estatísticos.
Base xurídica do tratamento
A realización de tratamentos por parte da AXEGA realízase para o cumprimento de obrigacións legais, para o cumprimento de misións realizadas en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á AXEGA, en cumprimento de obrigacións legais derivadas dun contrato ou dunha relación precontractual ou como consecuencia dun convenio e/ou porque o interesado proporcionou o seu consentimento. O interesado pode consultar as bases lexitimadoras para a realización de cada actividade de tratamento no Rexistro de Actividades de Tratamento.
Criterios de conservación dos datos
A AXEGA informa que con carácter xeral os datos de carácter persoal conservaranse durante non máis tempo do necesario para manter o fin do tratamento e atender as posibles responsabilidades que se deriven de cada unha das finalidades establecidas e en todo caso durante os períodos de tempo establecidos na normativa de arquivos e documentación. Cando xa non sexa necesario manter os datos, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos, segundo corresponda.
Comunicación dos datos
Como norma xeral a AXEGA non comunica os datos a terceiros senón é baixo un amparo legal que lexitima dita comunicación. Necesariamente como consecuencia da realización das actividades vinculadas ás súas funcións efectúanse comunicacións de datos a outras Administracións, a terceiros adxudicatarios de contratos, a terceiros cos que medie acordo de colaboración no ámbito nacional ou supranacional, a Xuíces e Tribunais e ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Dereitos que asisten ao Usuario
Calquera persoa ten dereito a exercitar os dereitos de protección de datos dirixíndose aos Responsables para obter confirmación sobre os tratamentos de datos. Estes dereitos poden exercitarse directamente ou por medio de representante legal ou voluntario e os interesados teñen dereito a recibir unha resposta en linguaxe clara e sinxela, de forma concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso.
Os dereitos que lle asisten son os seguintes:
- Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
- Dereito de acceso (o interesado ten dereito a que o Responsable lle comunique se se están tratando os seus datos), rectificación (o interesado ten dereito a que o Responsable rectifique os seus datos sen demora inxustificada cando resulte inexactos ou incompletos), transmisión (o interesado ten dereito a que o Responsable transmita os seus datos a outro responsable ou ao mesmo interesado nun formato estruturado de uso habitual e lectura mecánica), supresión dos seus datos (o interesado ten dereito a que o Responsable suprima os seus datos sen demora inxustificada e se legalmente procede), limitación (o interesado ten dereito a que o Responsable marque os seus datos co fin de limitar o seu tratamento) ou oposición ao seu tratamento (o interesado ten dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos realizado polo Responsable do tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular).
- Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control www.aepd.es se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.
Datos de contacto para exercer os seus dereitos:
Axencia Galega de Emerxencias, NIF: Q-1500324- G
Enderezo: Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE112) 36680 A Estrada (Pontevedra)
DPO (lopd.axega@xunta.gal) ,Vicesecretario Xeral da Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza
2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA POLO USUARIO
Os Usuarios, mediante a marcación das casas correspondentes e entrada de datos nos campos, marcados cun asterisco (*) nos distintos formularios de contacto ou presentados en formularios de descarga, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para atender a súa petición, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. O Usuario garante que os datos persoais facilitados ao Responsable son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.
O Responsable informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos en ningún caso a terceiros, e que sempre que se realice algún tipo de cesión de datos persoais, pedirase previamente o consentimento expreso, informado e inequívoco por parte dos Usuarios. Todos os datos solicitados a través do sitio web como obrigatorios son necesarios para a prestación dun servizo óptimo ao Usuario. No caso de que non sexan facilitados todos os datos, non se garante que a información nin que os servizos facilitados se axústen completamente ás súas necesidades.
3. MEDIDAS DE SEGURIDADE
Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Responsable está a cumprir con todas as disposicións das normativas RGPD para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do RGPD, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados, conservados de modo que permitan identificar ás persoas interesadas durante un período de tempo non superior ao necesario, en base á limitación do prazo de conservación.
O Responsable garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o RGPD e a LOPDGDD, en particular aplícanse as medidas de seguridade determinadas polo Esquema Nacional de Seguridade, co fin de protexer os dereitos e liberdades dos Usuarios e comunicoulles a información adecuada para que poidan exercelos.